¿Quen son?
Son O Corvo de Xallas e dende as alturas vexo os que non queren que Santa Comba teña nin hoxe nin mañan.
E quero enviar unha menxase os xóvenes e desencantados en xeral por que me consta que o illamento e desconexión entre a Xuventude Xalleira e a política municipal e patente, tamén me consta que moita xente non acude a cumplir co seu lexítimo dereito o voto por que pensa que non ir a votar e unha maneira de expresar o seu malestar.
Pois ben eu dígovos que coa vosa abstención non facedes outra cousa que axudar a perpetuar no poder a quen leva o noso Concello directamente o desastre.
Unha organización que acude as eleccións cos votos contados casa por casa como e o caso do PePe de Santa Comba, uns por que son do PP e non cambian ainda que Toja venda o Concello, outros por que lle teñen que pagar con votos o tubo que lle puseron na eira, outros por que lle meteron o rapaz a traballar ( eso sí cobraronlle o enchufe) e hai que pagar o favor, outros (moitos) por que lle deben cartos no Concello e pensan que non van a cobrar si hai cambio de goberno, ect, ect.
Po lo tanto si non hai unha reacción entre ese cuarenta por cento de Xalleiros con dereito a voto que pasan de votar, o PePe con esos 3500 votos contados que ten seguírá a fundir Santa Comba, e si non chegan a esos 3500 sempre terán a Miguelín para que lle vote unha mán, ou incluso o inoperante de Alexandre que con tal de pillar cacho e capaz de todo.
Por eso vos pido que o vindeiro 27 de Maio, vos dirixades a vosa mesa electoral, seleccionedes unha papeleta de algún Partido Político serio e a metades na furna, por que metela da moito gusto e quedas como un señor ou señora.
