Cambio radical

 

 

Publicado o 26/03/2008 - 03:39 por O Corvo de Xallas

Versión para a impresiónEnviar a un amigoVersión PDF
Your rating: Ningún

 

 

Mar de fondo, movementos telúricos… e en superficie pouco a pouco todo volve o seu, as obras paradas milagrosamente se tellarán, as licencias imposibles por arte de maxia se concederán, a molicie e a desidia volta a formar parte do día a día do funcionariado, ampliarase a inmensa bolsa de merda dos problemas de Santa Comba con uns cuantos mais…perdede toda esperanza Santa Comba non ten arreglo posible.

Seguiremos a inercia de despropósitos de Toja , a xente de bén non se preguntará nada por que levan nos seus genes que o normal e o práctico e non remese-la merda e que e moito millor sumarse o pelotón dos enmerdadores que sempre o teñen todo moito mais fácil.

E os (por fín ) derrotados no eido político escomenzan a situarse, Xulio e Blanquita deixan a Ucha con acerto xa que o crédito político de Ucha na oposición diluirase en tres cuartos de hora.

Os de Terras de Xallas escomenzarán a cobrarse os réditos da súa traición o electorado e serán recompensados con licencias e permisos varios, e o lóxico xa que moitos de eles meteronse en política para arranxar esos temas precisamente, e algún sin poñer un peso.

Xa veredes como non se alteran nada , seguirán Pichel e Lucia de concellais coa bendición de Mata e Cancela que xa cobraron e agora escurrirán o bulto hasta novas necesidades.

Loli levase acta o grupo mixto e ninguén lle vai a dicir nin pio por dúas razóns :

Unha que como xa disen tanto Mata como Cancela xa cobraron e estos non teñen o mais mínimo interes en meterse a traballar no Concello e saben perfectamente que a Texa como entidade quedalle un suspiro.

E duas que a orientación política de Loli e claramente de esquerdas , así que resultaría normal que dende o Bloque lle mandaran uns cantos de sirena cogallo de recuperar todo o perdido en Santa Comba.

O malo e que dende que no BNG pisaron moqueta tamén descubriron os servicios dos mediadores, así que eu recomendaríalle a Loli que si considera esta opción o faga por si mesma, que se dirixa as fontes e que escape de asesores ocasionais…penso que algo aprendería da súa experiencia en Texa.