Recapitulemos

 

 

Publicado o 11/03/2008 - 09:46 por O Corvo de Xallas

Versión para a impresiónEnviar a un amigoVersión PDF
Your rating: Ningún

Entre tanto Ucha, Miguelín, Toja e os Pepes estásenos olvidanto un persoeiro que anda caladiño e cambiando a sua imprenta pa fora deste pobo, o Sr. Pichel, ¿que andará tramando este aprendiz de político a  parte de poñer os seus ovos a bon recaudo?, ¿será que ve o futuro  algo negro en Santa Comba e marcha pa capital?.

Creo que o seu grupo anda algo revolto, que se iba esperar do Mata e  máis  Cancela que según teño visto na prensa andanlle tocando os guevos a Pichel, pois as rapazas non poideron.

De calqueira maneira, nos plenos, sole ser o máis acertado reparte a diestro e siniestro como fixo no pleno da moción de censura donde lle  recordou a Miguelín que o pacto co PePe non era de agora senón que viña  da comida no Almacen de antes das eleccións donde o señor Feijoo lle  dixo: "nada ti ven recollendo os votos dos descontentos de Toja e  pagamoschos a bo precio despois das eleccións, que os xalleiros son  tontos e so ti te salvas da tontería", e asi foi.E Pichel díxolle: "Miguel, eso e traición"

A Ucha acusouno de haber pactado con Toja que lle dixo: "Anda Ucha  desfaite de Pichel oh...! que total con el non tes igual a maioría, e  xa che esta a tocar o carallo co soldo, quere facer un goberno donde  esten traballando e cobrando varios concelleiros, quereche un cacho  da tarta... joder... ¡desfaite del oh! e pacta conmigo, ponte o soldo  que queiras, tanto coma min que ti non es menos e eu prometoche amor  eterno, e porriba non che quero nada da tarta, solo pequenos  favoriños, como olvidarnos da auditoria, e tal"

E... Ucha Picou

Botou a Pichel, pusose un bo soldo, e incluso permitiuse o luxo de insultar e masacrar os que o apoiaron pa ser alcalde, –claro, co  apoio de Toja de forma encuberta, podiase permitir calqueira cousa – "votádeme, se tedes guevos" – repartia o Sr. Ucha nos plenos e na  prensa– olvidandose da auditoría e de pillar polos guevos os que realmente lles tiña que temer: os do PePe.

Ucha pensou que tiña un pacto co PP e eso non era certo, tiña un  pacto con Toja, e o pacto pronto empezou a cheirar entre o resto dos  concelleiros do PePe – diso ben clariño MariJose que se  despachou a gusto cos seus compañeiros e nun deses momentos de gloria  dixo algo asi como: "eu non estaba dacordo co que votamos no POS",  claro que si, nin no POS nin no soldo de Ucha, nin en nada. Claro so comia Toja, o resto so votaba o que lle mandaba Toja, e non  vian un can, tan acostumbrados como estaban, ademáis, a can, tamén  lles cheiraba os do PP de Santiago, eles non estaban por manter un  alcalde do PSOE por moito que lle fora ven a Toja, que a Feijoo non  lle sobran os votos, e entón mandou a Toja pa casa.

Pichel dixolle no pleno: "Ucha, ti foches a última victima de Toja",  e creo que Pichel ten razón, teño oido que a Ucha desde Santiago  aconsellaronlle que non se desfixera de Pichel e si o facia que non  fora por ali a pedir nada, e eso tamen cadra porque non lle deron  ningún apoio desde Santiago , máis o contrario teño aqui unha  gravación donde o Sr. Ucha deixa moito que dexexar si quería traer  algo pa Santa Comba e o que lle di a Sra. Caride non e dun rexidor  con sentido común, e eso tamen llo dixo Pichel no devandito pleno.

A verdade e que a moción de censura sería un pouco mais complicada se  Pichel e as suas rapazas estiveran no goberno, empezando porque eso  sería un goberno máis serio e non o castelo no aire que montou Ucha.

A verdade e que Ucha quedou tocado despois de oir a Pichel e o  único que soupo responderlle foi: "Pichel, pareces unha muller  despeitada" apelou o insulto, o Sr. Ucha quizais por última vez como  alcalde pero non foi quen de rebatirlle nada o Sr. Pichel.

Da noite pa maña Toja dimitiu e Ucha fui a prensa e chamoulle: "cobarde, ai que estar as duras e as maduras, e indigno, obligaronche os de Santiago" Ucha viuse co cu o aire e enton acordouse da  auditoria e de mirar na merda dos seus antecesores, pero... 4 días  despois da MOCION, "pódovos meter a todos na carcere" gritaba Ucha no  pleno refirindose os concelleiros do PP, e Pichel respondía:" Sr.  Ucha, si eso e verdade porque non acude os tribunais". "Ou quéresnos  decir que ata de agora estábalos encubrindo".

E o Sr. Ucha apostillaba: "teño mais dignidade que vos todos"  referindose o resto dos concelleiros, e Pichel respondía: Dime de que  presumes e direiche do que careces.

E o Sr. Pichel ahi está, non sal na prensa, non vai a radio, ¿que  estará facendo o Sr. Pichel e mailas suas rapazas?.

Semella que o señor Pichel ten moita razón, Ucha  foi víctima do Sr. Toja e me temo que non vai ser a última.