O Video e Miguelín.
Publicado o 24/05/2007 - 07:50 por O Corvo de Xallas
Despois de ver varias veces o vídeo de Terras de Xallas non podo por menos que felicitalos po lo excelente traballo que fixeron, sobre todo por que cando un leva tanto tempo metido no medio da merda, chega a pensar que o normal e estar no medio dela e esta comparativa abremos os ollos o respecto de que hai veciños de outros Concellos que na súa vida diaria non están metidos no medio da merda.
Tamén vendo este vídeo e escoitando a Miguelín na radio de Lema un non pode deixar de pensar na oscura e abnegada labor que este tivo nestos ultimos anos como colaborador innecesario en todos os temas que se expoñen no mesmo, pois esa foi a labor de Miguelín, a de colaborador innecesario nos desmáns de Toja o punto de que estou empezando a pensar que Silvio foiselle o PP por que estaba hastra o Carallo de absterse e quería votar como todos.
Siguenos parecendo moi caro como xestor e gustarianos recordarlle que mentras el estaba a cobrar nos plenos e co cú quente para absterse en todas e cada unha das decisións do PP de Santa Comba, outros na Asociación de Empresarios ( e con cargo o seu bolsillo) estiveron a facer a verdadeira laboura de oposición que el non fixo.
Tamén quero darlle a noraboa por esta campaña que esta a facer, que tan enriquecedora lle está resultando xa que a tres días dos comicios por fín elaborou un programa por que douse de conta de que nas parroquias non teñen carreteras, nin agua, nin saneamentos, nin infraestructuras, nin servicios…claro que el nos últimos catro anos estivo ausente por que estivo de Concejal no Concello de Santa Comba e ese e o sitio menos adecuado para saber dos inmensos problemas de este pobo…e ainda que os supera iva a absterse educadamente.
