Xuventude
Publicado o 28/04/2007 - 04:26 por O Corvo de Xallas
XUVENTUDE
• Programas de ocio de calidade e ocio alternativo.
• Programas de prevención do tabaquismo, alcoholismo e todo tipo de drogodependencias.
• Potenciar a relación entre a mocidade e as institucións
• Fomento de Plans de autoemprego.
• Creación de unha Casa da Xuventude, con amplios horarios de apertura e peche, especialmente nos fins de semana.
• Impulso do asociacionismo xuvenil, e consolidación das asociacións xa existentes dotándoas dos locais axeitados.
• Creación dun carné municipal de asociacións, de maneira que supoña una serie de descontos en cursos de formación, concertos, teatro, etc.. , para a mocidade en activo das asociacións xuvenís e culturais.
• Creación dunha unidade de información e formación sexual, especialmente orientada ós adolescentes.
• Apostar por unha xuventude crítica e participativa co concello.
• Aproveitamento da superficie do aparcadoiro que está proxectado para facer un espacio lúdico de esparcemento.
• Apoio á xuventude rural con alternativas no seu entorno.
