Sanidade e saúde.
Publicado o 28/04/2007 - 04:29 por O Corvo de Xallas
SANIDADE E SAÚDE
● Creación dunha Coordinadora entre o Concello, o Centro de Saúde e os usuarios.
● Demandar o aumento de especialistas para reducir as listas de espera.
● Solicitar un traballador/a social para o ambulatorio, así como un psicólogo/a.
● Esixir o funcionamento de un servicio de fisioterapia en xornada de mañán e tarde.
● Cubrir as ausencias do persoal sanitario de forma automática.
● Solicitar un laboratorio para urxencias e servicio permanente de Raios.
● Potenciar a formación dos profesionais sanitarios, mediante cursos, congresos, etc..impartidos en Santa Comba.
● Implantación de unidades de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.
● Creación dunha unidade de día para enfermos psíquicos.
• Crear un centro comarcal para disminuidos físicos, psíquicos e sensoriais.
● Mellor coordinación e dotación no traslado de pacientes con tratamentos específicos.
