Pouca vergonza.

 

 

Publicado o 28/04/2007 - 03:21 por O Corvo de Xallas

Versión para a impresiónEnviar a un amigoVersión PDF
Your rating: Ningún

Los populares llenaron el Multiusos xalleiro

O Juncal ese que ainda hoxe non sabe ben donde queda Santa Comba e demostra un coñecemento exquisito das candidaturas que concorren nas nosas eleccións.

De MariJose non vou comentar nada que xa falou ela abondo.

De Carlos Negreira so decirlle que se olvide dos triangulos que xa teñen abondo co de Miguelín e si está supediatado a que el gane as eleccións en la Coru.....

Do noso parroquiano decir que minte de entrada cando dí que:"que dos de las características de su gobierno eran la humildad, la honestidad y el trabajo"

1-Por que non son duas son tres.

2-Por que según a CNT e respaldada por duas sentencias nos pertinentes xulgados non foi precisamente a honestidade e mais a humildade o que dou coa mestra na puta calle.

3-Por que a palabra traballo non pode salir pola boca do señor Toja por que fai dezaseis anos que non sabe o que e.

Pediu unha nova maioría absoluta "porque hai xente interesada en botar este alcalde fora, e non sei que intereses terán".

Digocho eu: Interés por Santa Comba, o que ti nunca tiveches.

Despois tivo a Santa Desfachatez de presentar como obxetivos conqueridos o ¿parque de bombeiros?
¿recinto feiral? ¿ampliación do poligono?

Creo que algún destos proxectos xa estaban no primeiro programa de PePe como ´"politico" e eu por moito que miro non vexo mais que uns galpóns gindados e unhas chapas facendo un cierre.

A guardería si que está ben ves, os soldos dos empregados pagamolos todos por que son funcionarias do Concello pero ademais temos que pagar se queremos que nos garden o rapaz como se fose privada, perfecto.

E estos son os logros do noso rexidor nos ultimos catro anos, esto e "moitisimas cousas mais que todos sabedes" saberán os do PP por que eu dende logo non sei nada...a ver si van ser logros ocultos.

Por ultimo fixo alarde da súas maneiras barriobaxeiras a hora de analizar a competencia cos que tivo todo tipo de lindezas...excepto co seu protexido Miguelín do que dixo que era moi bueno e moi simpatico e educado por que lle iva a dar si lle fixera falta a chave do Concello como xa teñen tratado, pode ser por acción apoiando directamente ou por omisión abstendose e forzando un goberno en minoría a base de pactos, e así quedamos todos ben e Julio e Blanquita con cara de parvos, que non sabe nada o de Freixeiro.

Hala hastra mais ver.

Ah que se me olvidava:

Lema, espero que se lle de en Radio Punta Tacón o mismo trato a todas as candidaturas en canto a tempo en Antena e tal, xa sabes pode dar lugar a suspicacias que Toja sala 40 minutos e Ucha 10.