Medio Ambiente

 

 

Publicado o 28/04/2007 - 04:29 por O Corvo de Xallas

Versión para a impresiónEnviar a un amigoVersión PDF
Your rating: Ningún

MEDIO AMBIENTE

•    Auditoría do Medio Ambiente no municipio de Santa Comba.
•    Elaboración dunha “Axenda 21 Local”.
•    Saneamento integral en tódolos núcleos de poboación.
•    Plan de erradicación definitiva dos vertedoiros incontrolados e recuperación desas zonas.
•    Protección e recuperación dos espacios naturais contemplados no actual PXOU.
•    Cumprimento do previsto no Plan de Residuos de Galicia.
•    Colaboración coas distintas administracións con competencias, na protección e recuperación dos nosos ríos e regatos.
•    Fomento da utilización da enerxía solar e outras enerxías alternativas.
•    Construcción de novos cemiterios nas zonas rurais adaptados ás normas urbanísticas, sanitarias e medioambientais e intermediar na solución do conflicto do Cemiterio de Santa Comba.
•    Desenvolvemento urxente de zonas verdes e espacios libres “entre mazás”, previsto no Plan Xeral, incluíndo a creación de máis parques infantís e o acondicionamento dos xa existentes.