Emigración e Inmigración
Publicado o 28/04/2007 - 04:25 por O Corvo de Xallas
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
• Plan de integración Social dende a participación de tódalas Administracións públicas e axentes sociais. É necesario esixir doutras administracións programas de colaboración co concello que contemplen recursos para o desenvolvemento de políticas de acollida e integración dos inmigrantes e emigrantes retornados.
• Establecemento de contactos permanentes cos centros Xalleiros e colectivos similares no exterior para coñecer a súa problemática e colaborar na súa resolución.
• Elaborar materiais didácticos para informar os novos habitantes sobre os servicios e recursos ós que poden ter acceso: saúde pública, vivenda, educación, traballo, deporte, cultura, etc.
• Formación básica nos idiomas da Comunidade Autónoma.
• Facilitar o seu acceso ós recursos existentes: servicio galego de colocación, sanidade, aluguer de vivendas, etc.
