Cultura, ocio e educación.
Publicado o 28/04/2007 - 04:19 por O Corvo de Xallas
OCIO, CULTURA E EDUCACIÓN PARA TODOS
• Constitución inmediata do “Consello Escolar Municipal.”
• Creación da Concellalía de Educación.
• Dotación de prazas de educadores sociais para seguimento do alumnado con problemas académicos e de conducta dentro e fóra dos centros educativos.
• Creación dun Comedor Escolar Municipal.
• Promover a progresiva gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio.
• Colaboración do concello na prevención do absentismo escolar.
• Potenciar a formación dos artistas locais e o seu acceso ó mercado cultural a través das axudas, bolsas de estudio, etc..
• Apoio ás bandas tradicionais de música, e ós grupos folclóricos, especialmente a través da creación e potenciación das súas escolas propias.
• Colaboración e apoio económico ás asociacións de pais de alumnos, especialmente para a realización de actividades extraescolares e desenvolvemento das escolas de pais.Dotación dunha sede permanente para as APAS do termo municipal.
• Mellora do Servicio para o mantenemento e limpeza dos centros escolares.
• Potenciación dos convenios con tódolos colectivos culturais do concello.
• Potenciar a creación de novos ciclos formativos relacionados cos principais sectores productivos de Santa Comba e comarca, en colaboración coas empresas como mecanismo de inserción na vida laboral.
• Contratación de monitores para a ampliación dos horarios dos centros de ensino público, co fin de facilitar o acceso ó traballo dos pais e nais do alumnado en idade escolar obrigatoria, especialmente en infantil e primaria.
• Campaña municipal de fomento da lectura para tódalas idades e para tódolos niveis escolares. Creación dunha Biblioteca Infantil.
• Programación estable de actuacións, de forma que exista un calendario para todo o ano.
• Campaña municipal de “Internet para todos” con cursos continuos e gratuítos para facilitar o acceso ás novas tecnoloxías.
• Incentivar a constitución de asociacións de veciños e dotalas de recursos e locais para o seu funcionamento.
• Elaboración dun plan de catalogación, conservación e restauración do patrimonio etnográfico, arquitectónico e artístico.
• Creación dun cinto ecolóxico ó redor de Santa Comba polo que poidan circular peóns e bicicletas, aproveitando camiños rurais e recuperando vías pecuarias.
• Adecuar unha zona no pabellón de deportes, para ter un parque infantil cuberto.
