Cos nosos Maiores

 

 

Publicado o 28/04/2007 - 04:28 por O Corvo de Xallas

Versión para a impresiónEnviar a un amigoVersión PDF
Your rating: Ningún

COS NOSOS MAIORES

•    Impulso de programas de “envellecer na casa” con teleasistencia, axuda a domicilio e servicios de respiro, especialmente na zona rural.
•    Promover a creación de prazas públicas e concertadas de residencia, dotadas de medios económicos e persoais suficientes, así como de servicios de calidade.
•    Potenciar os servicios de axuda a domicilio, en colaboración con outras Administracións Públicas.
•    Ampliación na cobertura do Servicio de teleasistencia.
•    Impulsar espacios para o ocio e a realización de actividades culturais con equipamentos axeitados para crear, en definitiva, calidade de vida para os maiores.
•    Campaña de potenciación da práctica do deporte para as persoas maiores.
•    Estudio de creación dunha rede de minirresidencias e centros de día en parroquias do Concello (segundo necesidades), con colaboración da iniciativa pública e a privada.
•    Garantir a reducción de prezos para os nosos maiores nos espectáculos que financie total ou parcialmente o concello.
•    Programa de reducción ou exención de impostos municipais para aquelas persoas de idade con escasos recursos económicos.