Autónomos e comercio.
Publicado o 28/04/2007 - 04:27 por O Corvo de Xallas
COS TRABALLADORES AUTÓNOMOS
• Incorporar os traballadores autónomos ós plans de formación profesional continua.
• Introducción de elementos fiscais nas ordenanzas e nas axudas públicas municipais, que favorezan o asociacionismo económico dos traballadores autónomos.
• Posibilitar que as novas empresas poidan empezar a actuar dende a súa constitución
• Presencia do traballador autónomo nos órganos consultivos do concello.
• Frear o proceso de liberalización de horarios comerciais, a fin de evitar a eliminación do comercio tradicional.
• Creación dunha área comercial aberta conxugando a actividade comercial co ocio e coas actividades de tempo libre nos espacios públicos.
• Realización urxente dun estudio de impacto no comercio local, tamén na súa dimensión social, en relación coa instalación de grandes superficies comerciais, para a procura de solucións que garantan o seu futuro.
• Impulso dun “Plan de entornos comerciais de calidade urbana”: Trátase de fomentar actuacións urbanísticas tendentes a favorecer a integración dos espacios e dos entornos onde se realiza o comercio tradicional e a actividade hosteleira: plans de peatonalización a determinadas horas, embelecemento urbano, pintura de fachadas, ordenación do tráfico, construcción de aparcadoiros, así como a promoción e o fomento duha rede integrada dos pequenos comercios.
