- Pouca vergonza. (4,957)
- Leria barata (952)
- Sanidade e saúde. (815)
- MOITA + CRISIS 10 (669)
- Nejra campaña (626)
santa comba
Vivimos un momento máxico.
Publicado o 10/06/2009 - 12:30 por O Corvo de Xallas
Temos uns dos Concellos mais benévolos e con mais talante da volta xa que son capaces de facer que non se rompa a armonia e o consenso entre as empresas contructoras de Santa Comba, non queren que vaia a haber un desencontro entre eles por un quitame alá esas pallas .
Para conseguilo vese que contrataron o mentalista Anthony Blake por que dende logo eu outra explicación non lle vexo, bueno si lla vexo pero sería delito…e gordo dos de ir para Teixeiro unha tempada.
Mirade si reina a armonia que invitan as tres empresas de sempre para que presenten ofertas para a realización de oito intervencións en distintos lugares e AS TRES COINCIDEN EXACTAMENTE NA SUA OFERTA PARA CADA INTERVENCIÓN y no te lo pierdas CADA UNHA DAS SUAS OFERTAS COINCIDEN O CENTIMO DE EURO CO ORZAMENTO PREVISTO PO LO CONCELLO.
Esta claro que se trata de unha mera casualidad e que non se lle debe dar mais importancia…pero preguntome eu ¿Cómo adxudicarian as obras? Cicais xogandoas os chinos ou o tute despois de algunha opipara comida na que se riron largo e tendido dos parvos de Santa Comba que pagan como Bancos os seus impostos para que logo os señores do Concello en vez de darlle as obras a quen as faga o mellor precio e coa millor calidade repartenas entre os mesmos de sempre gastando os maximos cartos posibles, supoño que cando Miguelin fai obras na sua casa fai igual…
Pero bueno e normal que se leven tan ben, de feito levanse tan ben por que son os millores constructores do mundo mundial, hai un que foi quen de contratar un bacheo o 11 de Decembro que supervisado por un tecnico municipal nun replanteo feito o 22 de Decembro acordan un plazo para facer o traballo de TRES SEMANAS, o dia 23 de Decembro o constructor presenta rapido como un raio unha factura no Concello po los bacheos varios , e a obra dase por recepcionada o 26 de Decembro nun documento no que aseguran que as obras estan feitas en tempo e forma e que non presentan ningun vicio de execución , fixan o comenzo perceptivo da garantia de un ano da obra na mesma fecha., e firman o noso Alcalde , o tecnico do Concello e o Constructor, Si Señor.
Ousea fixeron o bacheo, supervisarono, replantearono, facturarono, recoñecerono e supoño que o pagarian en TRES dias dos cales DOUS son festivos: Noite Boa e Nadal.
Eso nos papeles, no mundo real as obras nin se empezaran…¿Qué tipo de xente temos no noso Concello que paga obras sen facer? ¿Qué tipo de xestores que en vez de buscar o beneficio economico para o pobo buscano para as Constructoras? Eu vo lo digo: Miguelins.
